Preto de 90.000 alumnos galegos terán este curso un ensino plurilingüe en centros sostidos con fondos públicos ao abeiro do plan de potenciación das linguas estranxeiras da Xunta

A Rede de Centros Plurilingües rexistra 36 incorporacións, coas que acada os 257 centros

O departamento educativo da Xunta de Galicia autorizou ademais a extensión deste modelo á etapa do Bacharelato en 4 centros de ensino

Así mesmo, autorizáronse 407 novas seccións bilingües

Xov, 10/09/2015 - 13:45

Preto de 90.000 alumnas e alumnos galegos terán este curso 2015/2016 un ensino plurilingüe en centros sostidos con fondos públicos ao abeiro do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras posto en marcha polo actual Goberno da Xunta; o que supón un incremento do 6,2% respecto do 2014/2015. Así se desprende das resolucións definitivas da convocatoria de redes de Centros Plurilingües e Seccións Bilingües publicadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O departamento dirixido por Román Rodríguez incorporará este ano un total de 36 novos centros á Rede de Plurilingües, ata sumar un total de 257. Ademais, outros 5 centros de que tiñan este modelo educativo (combinando galego, castelán e unha lingua estranxeira, ata chegar cada unha delas a un terzo do horario lectivo) en Primaria pasan a incorporalo á etapa de ESO. Trátase do CPR Plurilingüe Montegrande (Coruña), do CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Ourense), CPR Plurilingüe Divino Maestro (Ourense), do CPR Plurilingüe Escuelas Nieto (Vigo) e do CPR Plurilingüe Barreiro (Vigo).

A maiores dos 5 mencionados, e segundo os datos provisionais de admitidos, dos centros de nova incorporación 17 son da provincia da Coruña, 4 de Lugo, 1 de Ourense e 14 de Pontevedra.

Provincia da Coruña:

CPR Nosa Señora del Carmen

Betanzos

CPR Santa María del Mar

A Coruña

CPR Fogar de Santa Margarida

A Coruña

CPR Jorge Juan

Fene

CPR Compañía de María

Ferrol

CPR Valle Inclán I

Ferrol

CPI Cabo da Area

Laxe

CPI Virxe da Cela

Monfero

CPR Galaxia

Ribeira

CPR Bayón

Ribeira

CPR Juventud

Santiago

CPR Vilas Alborada

Santiago

CEIP Xacinto Amigo Lera

Val do Dubra

CEIP O Ramo

Fene

CEIP Virxe do Mar

Narón

IES Pedra da Aguia

Camariñas

CEIP O Graxal

Cambre

 

Provincia de Lugo:

CPR Cervantes

Lugo

CEIP San Miguel

Paradela

CEIP Virxe do Carme

Sober

CEIP de Monterroso

Monterroso

 

Provincia de Ourense:

CEIP Curros Enríquez

Celanova

 

Provincia de Pontevedra:

CPR Virxe Milagrosa

Bueu

CPR San Fermín

Caldas de Reis

CEIP Castrelo

Cambados

CPR Padres Somascos

A Guarda

CEIP Domaio

Moaña

CEIP San Benito de Lérez

Pontevedra

CEIP A Florida

Sanxenxo

CEIP Ramón y Cajal

Vigo

CPR Niño Jesús de Praga

Vigo

CPR Possumus

Vigo

CEIP de Meaño-As Covas

Meaño

CEIP da Espiñeira-Aldán

Cangas

CEP Xosé Ferrol Couselo

Valga

IES Terra de Turonio

Gondomar

 

Plurilingüismo no Bacharelato

Ademais dos devanditos, 4 centros ampliarán o plurilingüismo a Bacharelato (novidade deste ano): IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas (Perillo, A Coruña), IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña); do CPR Plurilingüe Montecastelo (Vigo), e do CPR Plurilingüe Las Acacias (Vigo).

Seccións bilingües

Finalmente, a Consellería de Cultura e Educación vén de publicar a resolución provisional pola que se aproban 407 novas seccións bilingües para o curso 2015/2016, ata chegar a un total de 3.630 en toda Galicia. Por provincias, haberá 175 novas seccións nos centros educativos da provincia da Coruña, 34 en Lugo, 45 en Ourense e 153 en Pontevedra.