O ministro de Educación recibe ao alumno do CIFP Compostela distinguido coa medalla de excelencia nos campionatos internacionais de Formación Profesional

O director xeral de Educación acompañou ao alumno na recepción

Lun, 14/09/2015 - 16:09
O ministro de Educación recibe ao alumno do CIFP Compostela distinguido coa medalla de excelencia nos campionatos internacionais de Formación ProfesionalO ministro de Educación recibe ao alumno do CIFP Compostela distinguido coa medalla de excelencia nos campionatos internacionais de Formación Profesional
O ministro de Educación recibe ao alumno do CIFP Compostela distinguido coa medalla de excelencia nos campionatos internacionais de Formación Profesional

O ministro de Cultura, Educación y Deporte, Íñigo Méndez de Vigo, recibiu esta mañá ao alumnos do CIFP Compostela Gabriel Vilar Longarela, que foi recentemente distinguido coa medalla de excelencia na XLIII edición dos campionatos Internacionais de Formación Profesional "WORLDSKILLS INTERNATIONAL" celebrada en Sao Paulo (Brasil) entre os días 11 e 16 de agosto de 2015.

Xunto a el participaron na recepción os profesores Manuel López Brea, que preparou ao alumno para estas competicións; Ramiro Esparís Sampedro, director do centro, que participou como experto e representante español no xurado internacional; e Andrea Suárez, asesora técnica docente no Centro Autonómico de Formación e Innovación que colaborou como traductora na competición. O director xeral de Educación, FP e Innovación educativa, Manuel Corredoira, acompañou á comitiva galega

A delegación española participou nas Worldskills en dezasete competicións e Galicia estivo representada na modalidade de Servizo de restaurante e bar que na que competiu un alumno do CIFP Compostela, Gabriel Vilar Longarela. Gabriel chegou ata aquí despois de gañar a medalla de ouro no campionato galego Galiciaskills 2014 e no campionato nacional Spainskills 2015. Gabriel obtivo neste campionato internacional  a medalla de excelencia na modalidade na que competiu, Servizo de restaurante e bar, e tamén foi o mellor competidor de todo o equipo español sendo galardoado co diploma á mellor puntuación do equipo español.