Título node Learning object

Convocatoria Erasmus+ 2016
Mér, 23/12/2015 - 09:20
Logo de Erasmus +

Con data 20 de outubro de 2015 o Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publicou a nova convocatoria Erasmus + 2016, e con data 22 de outubro unha corrección de erros da dita convocatoria.

Compre destacar as seguintes datas de remate para a solicitude de proxectos:

  • KA1 Mobilidade no Ámbito da Educación e a Formación 2 de febreiro de 2016 (12.00 horas)
  • KA2 Asociacións Estratéxicas no Ámbito da Educación, a Formación e Xuventude 31 de marzo de 2016 (12.00 horas)

Acceso á convocatoria e guía 2016:

http://www.sepie.es/convocatoria/index.html

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/discover/guide/index_en.htm

Nestes espazos atopará a guía actualizada 2016 en inglés, que en breve será publicada en español, coas instrucións comúns ao programa completo. Lembre que en caso de disparidade terá preferencia a información da guía en lingua inglesa.

Principais novidades de ERASMUS + 2016

  • Novas oportunidades en mobilidades de Formación Profesional de grao medio. Os centros poden solicitar proxectos con ou sen a Carta de Mobilidade Erasmus+ de Formación Profesional.

  • Maior definición nas Asociacións Estratéxicas cunha clara distinción entre proxectos de innovación e proxectos de apoio ás boas prácticas.

  • Revisión do formato de Alianzas para o Coñecemento.

  • Novas oportunidades no deporte: pequenas asociacións de colaboración.

Na guía ponse especial énfase na promoción de proxectos que apoien a inclusión social, especialmente de emigrantes e refuxiados así como aqueles de prevención da radicalización.