Título node Learning object

Camiliño Josesiño vai á escola
Xov, 29/10/2015 - 13:56
Cartel da actividade

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela pon a disposición dos centros escolares un servizo de préstamo de maletas didácticas para o público escolar.

Estas maletas están dirixidas ao alumnado de infantil, primaria e secundaria, destinadas a divulgar a figura e a obra de Camilo José Cela e converter o museo nun recurso educativo para o profesorado. Inclúense materiais didácticos e orientacións para que sexan os propios docentes, xunto co alumnado, os que empreguen a maleta na aula ou na biblioteca.

Os centros interesados en participar deberán solicitar a maleta nas direccións e teléfonos de contacto indicados na ligazón aportada abaixo.