Título node Learning object

Pasaporte Solidario 2015-2016
Ven, 20/11/2015 - 13:28
Logo do Pasaporte Solidario

A Dirección Xeral de Voluntariado volve a poñer a dispor de todos os centros de primaria e secundaria de Galicia o programa Pasaporte Solidario, co obxectivo de promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa, e favorecer que os escolares comprendan como voluntarios e voluntarias á realidade do voluntariado.

Este programa consiste nun pasaporte gratuíto individual destinado a lumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e de toda a ESO no que se suxiren diversas accións relacionadas co Voluntariado.

Para máis información visitar a ligazón web aportada abaixo.