Concesión dos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de música, danza e de artes plásticas e deseño correspondentes ao curso 2014/2015

Xov, 07/01/2016 - 08:44

Xúntase a Orde do 18 de decembro de 2015 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de música, danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2014/15, convocados pola Orde do 29 de setembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 6 de outubro).