Proxecto de Decreto polo que se aproban os estatutos do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

Xov, 11/02/2016 - 17:15

Participación cidadá na elaboración de disposicións de carácter xeral

A Secretaría Xeral de Universidades no exercicio das súas competencias e de acordo co establecido no parágrafo 4 do artigo 41 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, en relación co disposto no artigo 9 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, inicia o trámite de información pública o proxecto do Decreto polo que se aproban os estatutos do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, mediante a súa exposición na páxina web desta consellería, durante un período de quince días hábiles.

As suxestións ou recomendacións recibidas serán tidas en conta polo órgano encargado da redacción do texto do proxecto, que poderá asumilas ou rexeitalas a través dun informe final, no cal cada unha recibirá unha resposta razoada, agás nos casos de recoñecida e notoria urxencia, nos que a resposta poderá ser común para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.

Título da disposición: proxecto do Decreto polo que se aproban os estatutos do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

Órgano administrativo: Secretaría Xeral de Universidades.

Estado de tramitación: Información pública (dende o 11 ao 27 de febreiro de 2016).

Forma de remisión das suxestións: Por vía telemática a través do correo electrónico suxestions.sxu@edu.xunta.es. As persoas que desexen presentar unha suxestión deberán facilitar os seguintes datos : Nome e apelidos, DNI e correo electrónico.

(Nota:Os datos recibidos serán empregados unicamente para os fins relacionados coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e en todo momento respectarase o que sinala a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal e Real Decreto 944/1999, do 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de medidas de Seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal).