Proxecto KA1 Erasmus +. Proxecto de dinamización lingüística en Portugués IMPORTA

Mar, 16/02/2016 - 14:14
 Proxecto KA1 Erasmus +. Proxecto de dinamización lingüística en Portugués IMPORTA

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria foi seleccionada para realizar un proxecto encadrado no Programa Erasmus+ -Proyecto KA1/Movilidad de las personas por motivos de aprendizaje /Movilidad de personal de Educación Escolar-.

Trátase dun proxecto de dinamización lingüística en Portugués que leva por título “Importa” e reúne a cinco institutos de educación secundaria pioneiros no ensino da lingua portuguesa en Galicia: o IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago), o IES de Cacheiras (Teo), o IES Félix Muriel (Rianxo), o IES María Soliño (Cangas) e o IES de Valga (Valga).

O proxecto pretende incrementar a competencia lingüística e metodolóxica no ensino en lingua portuguesa e promover o uso das TICS na clase de lingua estranxeira, valorando e fomentando, en todo momento, a importancia da aprendizaxe dunha lingua como cultura, riqueza persoal e vínculo de unión.

Importa levarase a cabo nos cursos 2015-2016 e 2016-2017 en dúas fases e articúlase arredor de tres piares: un curso de Platega en liña  -O ensino bilingüe da lingua portuguesa a través das TIC-, unha mobilidade a Portugal -concretamente ao Instituto Camôes de Lisboa- para realizar un curso estruturado de formación sobre lingua e metodoloxía en lingua portuguesa e , por último, a elaboración de unidades didácticas integradas -UDI -.