Formación aberta na Rede: "O currículo na aula"

O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Esta actividade virtual permitirá ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas. Prazo de inscrición: Ata o 21 de abril de 2016.
Mar, 12/04/2016 - 12:13
Formación Aberta na Rede: O currículo na aula
Formación Aberta na Rede: O currículo na aula

O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Trátase dunha actividade coas seguintes características:

  • Lévase a cabo de forma virtual na Rede, a través de Platega2.

  • Está conformada por unha serie de materiais que desenvolven os contidos, foros de participación e comunicación entre os participantes e tarefas con entrega libre e voluntaria.

  • Está aberta a calquera docente de centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Ao tratarse dunha formación en aberto non ten asociado recoñecemento de horas de formación.

 

Permite ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas.

Podes automatricularte en Platega2 ata o 21 de abril na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=209.  Introduce os teus datos de conta corporativa e a palabra "platega" como chave de matriculación.

A fase de formación comezará o 22 de abril e rematará o 20 maio. Estará conformada por 4 módulos:

  • Currículo e aproximación á programación

  • Rúbricas e mínimos esixibles

  • Perfil de competencia.

  • Tarefas integradas.

O prazo de inscrición xa rematou, pero hai posibilidade de visualizar os contidos do curso como convidados.