Convocatoria para autorización dos CPI, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE (2016)

Mér, 11/05/2016 - 08:45

Xúntase a Resolución do 28 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE).

  • O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución e rematará o día 10 de xuño de 2016.