Apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia de Tecnoloxía, Economía, Administración de empresas, Informática, Equipos electrónicos, Operacións de produción agraria, Patronaxe e confección, Servizos de...

Lun, 10/10/2016 - 08:40

Xúntase o Anuncio do 27 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidades (590019) Tecnoloxía, (590061) Economía, (590101) Administración de Empresas e (590107) Informática e, no corpo de profesores técnicos de formación profesional, nas especialidades (591202) Equipos Electrónicos, (591216) Operacións de Produción Agraria, (591217) Patronaxe e Confección, (591226) Servizos de Restauración e (591227) Sistemas e Aplicación Informáticas.

  • O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.