A Xefatura Territorial de Educación na Coruña dará resposta ás necesidades de prazas no CEIP Vales Villamarín de Betanzos

As solicitudes de escolarización en Educación Infantil aínda están a ser tramitadas

Ven, 08/04/2011 - 18:43

A Xefatura Territorial de Educación an provincia da Coruña comprometeuse hoxe a dar resposta ás necesidades que o CEIP Vales Villamarín de Betanzos presente para escolarizar ao alumnado de 4º de Infantil.

A xefa territorial, Mª Teresa Villaverde, lembrou que este centro oferta 100 prazas vacantes de educación infantil de 3 anos, e que a día de hoxe hai 104 solicitudes presentadas, incluídas as correspondentes a familias de fóra do concello de Betanzos. Cómpre destacar ademais que as solicitudes están aínda a ser tramitadas, polo que aínda se poderían detectar algunhas duplicidades.

Cómpre lembrar que a situación deste centro quedará solucionada coa construción do novo aulario de infantil en cuxo proxecto está traballando a Consellería de Educación.

Respecto dos demais cursos de infantil que se imparten no centro, a xefa territorial explicou que hai 6 vacantes e outras 6 solicitudes presentadas. No caso de educación primaria non existen vacantes para 1º curso, para o que si hai 2 solicitudes. Nos cursos restantes a oferta é suficiente, con 23 vacantes para 1 solicitude en 2º curso, 15 prazas para un solicitante en 3º,  e 10 vacantes para 1 solicitude en 6º. En 4º e 5º curso ofrécense, respectivamente, 3 e 1 prazas, se ben non hai solicitudes.

Se estes datos permanecen, unha vez formalizada a matrícula (o prazo é do 20 de xuño ao 30 de xuño), a xefa territorial comprometeuse a crear unha unidade en 3 anos e unha en 1º de primaria en espazos que hai no centro

Menús News node R