Título node Learning object

Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais contra a violencia de xénero
Ven, 28/09/2018 - 09:33
logo

A Secretaría Xeral de igualdade e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra cada 25 de novembro.

 

Tema: reflexión contra a violencia de xénero
Lema obrigatorio: 25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Destinatarios: centros de ensino non universitario; poderán presentarse por cada categoría e modalidade
Participación: equipos constituídos por 1 docente e ata 5 alumnos/as; procurarase o equilibrio na participación de alumnas e alumnos en cada equipo.
Categorías:

  • 1ª categoría: alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO
  • 2ª categoría: alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato

Modalidades:

  • Imaxe gráfica (formato A3)
  • Audiovisual

Prazo de presentación dos traballos: ata o 9 de novembro de 2018, ás 15.00 h

 

Para obter máis información pódese consultar as bases da convocatoria no PDF que se anexa ou contactar cos seguintes servizos:

  • SUBDIRECCIÓN XERAL PARA O TRATAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza)
    Begoña Sieiro
    981-957784
  • ASESORÍA DE IGUALDADE (Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional)
    Mónica Baleirón
    881-997598