Relación provisional de persoas admitidas e excluídas nas listas de interinidades para impartir docencia no corpo de profesores de relixión de primaria de relixión evanxélica, e no corpo de profesores de relixión de secundaria de relixión evanxélica

Mar, 13/11/2018 - 14:10

Xúntase a Resolución do 13 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de relixión de primaria, especialidade relixión evanxélica (701402), e no corpo de profesores de relixión de secundaria, especialidade relixión evanxélica (702403).

  • As persoas interesadas poderán formular alegacións contra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no prazo comprendido entre o día 14 e o día 16 de novembro de 2018, ambos incluídos, mediante un escrito dirixido ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

As alegacións poderán presentarse por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e deberán remitirse tamén por correo electrónico no citado prazo ao enderezo persoal.primaria@edu.xunta.es no caso de alegacións contra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional na lista correspondente ao profesorado de relixión de primaria, especialidade de relixión evanxélica (704102) e ao enderezo persoal.secundaria@edu.xunta.es no caso de alegacións contra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional da lista correspondente ao profesorado de relixión de secundaria, especialidade de relixión evanxélica (702403)