Resolución do V Concurso do Traballo por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, en centros públicos

Xov, 13/12/2018 - 15:30

Xúntase arquivo coa Resolución de 13 de decembro da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dán a coñecer os traballos seleccionados no V Concurso de Traballos por Proxectos, coordinados ou desenvolvidos coa participación da biblioteca escolar durante o curso 2017/2018. Reciben este recoñecemento os traballos presentados por 19 centros, dun total de 102 proxectos presentados; a estes centros asignanselles as contías detalladas na resolución, que deberán destinarse a á atención das necesidades da biblioteca escolar, especialmente no ámbito da información. Os traballos seleccionados serán publicados na páxina web de Bibliotecas Escolares de Galicia.