Convocatoria dos cursos de verán 2019 MEFP - UIMP

Vén de publicarse a convocatoria dos cursos de verán 2019 do Ministerio de Educación y Formación Profesional en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo
Lun, 22/04/2019 - 22:23
Cursos Verán MEFP - UIMP
Cursos Verán MEFP - UIMP

Trala publicación no BOE, o pasado día 9 de abril, vén de abrirse o prazo para presentar a solicitude de participación nalgún dos cursos de verán que parten do Ministerio de Educación y Formación Profesional, en colaboración coa UIMP (Universidade Internacional Menéndez Pelayo). Trátase dunha iniciativa cunha ampla traxectoria dentro da formación do profesorado. Este año inclúe catorce cursos de formación. Todos eles contemplan 30 horas presenciais no mes de xullo e, ademais, dez deles inclúen unha fase na Rede de 20 horas que se levará a cabo de setembro a novembro.

Estes cursos supoñen unha excelente oportunidade para que os docentes das distintas comunidades autónomas intercambien experiencias e coñecementos, o que supón, ademais dunha extraordinaria experiencia formativa, unha enriquecedora experiencia a nivel persoal.

Incluíronse nesta ocasión unha ampla variedade de temáticas, que cobren desde o pensamento computacional á coeducación, pasando polos proxectos colaborativos ou os recursos educativos abertos. Esta é a listaxe concreta:

 

Semana do 1 ao 5 de xullo

  • Sevilla: “Os espazos naturais como recursos educativos”
  • Madrid: “Metodoloxías innovadoras para unha nova escola (no centenario do Instituto-Escuela)”
  • Valencia: “Un REA é para sempre. Educación Aberta na aula”
  • Santander: “Aulas pola igualdade: o valor de coeducar”
  • Huesca: “Proxectos colaborativos en contextos plurilingües”
  • A Coruña: “FP e innovación tecnolóxica. Industria 4.0”
  • A Coruña: “Estratexias para a innovación metodolóxica nos ciclos formativos de FP”

 

Semana do 8 ao 12 de xullo

  • Madrid: “A arte como recurso educativo”
  • Tenerife: “Achégate ao Cosmos”
  • Sevilla: “Pensamento computacional e Intelixencia Artificial: de cero a cen nun verán”
  • Cuenca: “O papel de FOL (Formación e Orientación Laboral) e EIE (Empresa e Iniciativa Emprendedora) nos títulos de FP”
  • Santander: “A educación de persoas adultas. Máis alá dunha visión compensatoria”
  • A Coruña: “Aprendizaxe activa e significativa en clases STEM”
  • Valencia: “Avanzando cara a prácticas inclusivas nos centros escolares”

 

Para realizar a solicitude, os interesados deberán acceder á seguinte páxina: http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/profesorado/profesorado-no-universitario/cursos-y-jornadas/cursos-verano-profesorado.html. Nela poden verse tanto o texto da propia convocatoria, cos pasos a seguir para a solicitude, como a descrición dos distintos cursos. Ademais, pode consultarse a entrada do blog co anuncio: https://intef.es/Blog/cursos-de-verano-2019. O prazo de solicitudes finaliza o 9 de maio ás 12 horas.

 

Existe un cancelo oficial de Twitter para la convocatoria: #MEFP_UIMP2019.