A Consellería de Educación presenta aos sindicatos a oferta público de emprego docente máis ampla da historia

Haberá 3.654 prazas

Por primeira vez en 12 anos farase unha forte aposta polas prazas de catedráticos, co fin de permitir que o profesorado acade o cumio da carreira profesional docente

Multiplícanse por 4 as prazas de ingreso no corpo de profesores técnicos de FP respecto da OPE máis ampla ata o momento, co fin de dar resposta ás necesidades do sistema

Mar, 03/12/2019 - 13:32
A Consellería de Educación presenta aos sindicatos a oferta público de emprego docente máis ampla da historia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional presentoulles hoxe na mesa sectorial do ensino non universitario ás organizacións sindicais a que é a oferta pública de emprego (OPE) docente máis ampla da historia, con 3.654 prazas. O número de prazas para cada especialidade concretarase na convocatoria das oposicións, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, previsiblemente, dentro do primeiro trimestre do ano 2020.

Por corpos, o número de prazas distribúese do seguinte xeito:

 

Ingreso

Promoción interna (A2-A1)

Total

Mestres

747

 

747

Profesores de ensino secundario

781

260

1.041

Profesores técnicos de FP

363

 

363

Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas (EOI)

30

38 (Cambio de corpo A1-A1)

68

Profesores de Música e Artes Escénicas

85

 

85

Profesores de artes plásticas e deseño

30

10

40

Catedráticos de Ensino Secundario (carreira profesional)

 

1232

1232

Catedráticos de EOI (carreira profesional)

 

50

50

Catedráticos de Artes Plásticas e Deseño (carreira profesional)

 

18

18

Inspectores de educación

 

10

10

TOTAIS

2.036

1.618

3.654

 

Aposta pola FP

As oposicións de 2020 contarán  con 363 prazas de novo ingreso para profesores técnicos de FP, o que supón unha clara aposta por estas ensinanzas. Isto significa, ademais, multiplicar por 4 as prazas convocadas neste corpo en 2007, a OPE máis ampla ata o momento.

Así mesmo, por primeira vez en 12 anos farase unha forte aposta polas prazas de catedráticos, co fin de permitir que o profesorado acade o cumio da carreira profesional docente. En total haberá 1.300 prazas para catedráticos de ensino secundario, de Escolas Oficiais de Idiomas e de Artes Plásticas e Deseño, o que supón triplicar as convocadas no 2007.

Razóns do adianto

A OPE deberá aprobarse en Consello da Xunta e publicarse no Diario Oficial de Galicia dentro deste ano 2019. Deste xeito o Goberno galego garante a convocatoria do maior número de prazas posible, aproveitando para os obxectivos de estabilización a coxuntura actual de certeza no referido á taxa de reposición que achega o artigo 19.6 da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de Orzamentos xerais do Estado para o ano 2017.

A norma establece que “as Administracións (oferta docente, entre outras) poderán dispor dunha taxa adicional para a estabilización de emprego temporal que incluirá ata o 90 por cento das prazas que estando dotadas orzamentariamente, estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2016”. “As ofertas de emprego que articulen estes procesos de estabilización, deberán aprobarse e publicarse nos respectivos Diarios Oficiais nos exercicios 2017 a 2019 e serán coordinados polos Departamentos ministeriais competentes”.

Polo tanto, e para que Galicia continúe co proceso de estabilización docente aberto e siga sendo a Comunidade Autónoma con menor taxa de interinidade do Estado, é preciso aprobar a OPE de acordó coa devandita normativa antes de fin deste ano. O obxectivo con esta acción é acadar una interinidade do 5% no ano 2020.