Acordo de aprazamento da​ data de entrega de curtas dos Premios Nós tamén creamos 2019/2020

Mar, 23/06/2020 - 12:55
c

O 10.12.2019, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocaron as bases e os premios ás curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2019/2020. O prazo para enviar as curtas ao certame finalizaba o 30 de abril de 2020.

Por mor da epidemia, resultou imposible para a maioría dos centros inscritos no certame rematar o proceso de creación dos audiovisuais. Este proceso non se pode realizar na casa, pois implica a participación necesaria do alumnado e do profesorado e, ademais, o espazo de creación está situado no propio colexio, así como os materiais precisos.

Como, grazas á colaboración coa CRTVG, estas curtametraxes de animación poden verse na aplicación Xabarín desta entidade e na sección infantil da súa canle, teñen un efecto positivo na promoción da lingua galega que non se restrinxe ao ámbito de cada centro senón que chega a un público moito máis amplo, mesmo de fóra da Comunidade Autónoma.

Por todo isto, e para facilitar todo o posible a finalización das curtas, acordouse ampliar a súa data de entrega.

  • O novo prazo de envío das curtas finalizará o 30 de outubro de 2020.

Menú Advertisement

Premios autonómicos

Sen términos