Resolución provisional da convocatoria de axudas para centros privados concertados en materia de bibliotecas escolares e fomento da lectura. Curso 2020/21

Mér, 04/11/2020 - 13:31

Publícase a Resolución provisional da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se dan a coñecer os centros seleccionados nas diferentes liñas de axuda contempladas na Orde de 11 de agosto de 2020 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2020/2021 (DOG do 1 de setembro).

Na resolución recóllense os anexos I, II e III correspondentes aos centros que se integran ou continúan no Plan de mellora de bibliotecas escolares, con indicación das contías concedidas. Así mesmo, os anexos IV (Clubs de lectura), V (Radio na biblio) e VI (Biblioteca Inclusiva) contemplan as axudas concedidas aos centros solicitantes que reúnen os requisitos requeridos nestas liñas de axudas.

Ábrese un prazo de dez días para a presentación de renuncias, no seu caso, ou de alegacións a esta resolución provisional, segundo se recolle no artigo 11, punto 2 da Orde de 11 de agosto de 2020, de convocatoria. Renuncias ou alegacións enviaranse por fax (981 54 65 42) a efectos de axilización e, paralelamente, á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.