Indalecio Cabana nomeado novo xefe territorial de Educación na Coruña

Xov, 03/11/2011 - 16:45
Indalecio Cabana nomeado novo xefe territorial de Educación na Coruña
Indalecio Cabana nomeado novo xefe territorial de Educación na Coruña

Indalecio Cabana Leira vén de ser nomeado novo xefe territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a provincia da Coruña, en substitución de Teresa Villaverde Pais, recentemente incorporada ao Parlamento galego.

Indalecio Cabana é enxeñeiro técnico naval e viña exercendo coma secretario do CIFP Someso da Coruña, onde exercía de profesor técnico de formación profesional.

Cabana Leira, funcionario de carreira, ten desempeñada gran parte da súa traxectoria profesional como profesor de secundaria en diversos institutos das provincias da Coruña e Pontevedra, en concreto nos IES de Vilalonga (Sanxenxo), Maria Sarmiento (Viveiro), Cedeira e Someso.