Título node Learning object

Bolsas para participación nun programa de inmersión lingüística en inglés en España
Xov, 15/03/2012 - 09:20
BOE

Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, un máximo de 2.000 bolsas para a estancia e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, durante o mes de xullo de 2012.

Requisitos necesarios para optar a estas bolsas:
a) Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1992 e o 31 de decembro de 1995 e estar matriculado no curso 2011/2012 en calquera curso dalgún dos seguintes niveis educativos:

  • Bacharelato.
  • Ensinanzas profesionais de música e danza.
  • Grao medio de Formación Profesional.
  • Grao medio de artes plásticas e deseño.
  • Grao medio de ensinanzas deportivas.
  • Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.

b)Ter obtido no curso 2011/2012 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación conforme á Orde EDU/2099/2011, de 21 de xullo, pola que se convocan bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade, para alumnado que curse estudos posobrigatorios e superiores non universitarios (BOE de 27 de xullo).
c) Todos os solicitantes deberán acreditar ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na asignatura de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinanzas bilingües pero non cursaran a asignatura de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na asignatura de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria.
d) Estar situado nun lugar do orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta Resolución no BOE (12 de marzo de 2012).

 

Menús Learning object node R