Título node Learning object

XIII Foro Galego de Educación en Igualdade o 27 e 28 de abril de 2012 en Santiago de Compostela
Ven, 13/04/2012 - 11:17
XIII Foro de Educación en Igualdade

Celébrase os días 27 e 28 de abril de 2012 o XIII Foro de Educación en Igualdade no EGAP (Escola Galega de Administración Pública) en Santiago de Compostela.

Este Foro pretende ser un espazo para a reflexión sobre as posibilidades de intervención coeducativa desde os departamentos de orientación e desde a acción titorial, e servir de lugar de intercambio de experiencias e materiais innovadores, coa finalidade de acadar unha orientación integrada no currículo e vertebrada a través do principio de igualdade entre mulleres e homes. Neste sentido, as actividades programadas procurarán tratar a orientación tanto vivencial como académica e profesional en clave de igualdade, así como potenciar a introdución da perspectiva de xénero na acción titorial.