Título node Learning object

VII Concurso de Iniciativas Universitarias "Por unha mobilidade segura" organizado pola DXT e STOP Accidentes
Ven, 20/04/2012 - 10:09
VII Concurso de Iniciativas Universitarias "Por unha mobilidade segura"

A Dirección Xeral de Tráfico e a ONG STOP Accidentes acaban de botar a andar o VII Concurso de Iniciativas Universitarias “Por unha mobilidade segura” co obxectivo de incentivar a creación de iniciativas, ideas ou proxectos de investigación no ámbito da seguridade viaria que poidan xerar intervencións que contribúan á concienciación dun dos colectivos con maior índice de sinistralidade: a xente nova.
Os destinatarios do concurso son o alumnado que curse estudos nas tres universidades galegas e mais na UNED. Poderán participar a título individual ou en grupo, cun proxecto en formato papel ou audiovisual que deberá ser presentado baixo o sistema de plicas.
O prazo para a presentación dos traballos remata o 23/11/2012. Logo da avaliación dos proxectos, o xurado emitirá un premio e mais un accésit, que se coñecerán a primeira quincena de decembro de 2012.
Aparte de STOP Accidentes e a Dirección Xeral de Tráfico, entre os colaboradores desta proposta figuran as tres universidades galegas, a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Audasa e o Colegio Oficial de Gestores Administrativos de Galicia.

Menús Learning object node R