Título node Learning object

Conferencia informativa sobre a atención educativa de alumnado con xordocegueira na Axencia Administrativa da ONCE en Ourense
Ven, 20/04/2012 - 10:51
Conferencia informativa sobre a atención educativa de alumnado con xordocegueira

O Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra organiza o na súa Axencia Administrativa da Rúa Alameda do Cruceiro 9 da cidade de Ourense o día 16 de maio das 10 ás 13 horas unha "Conferencia informativa sobre a atención educativa de alumnado con xordocegueira". Os relatores participantes son Mercedes Fernández Cons, profesional especialista en xordocegueira de zona da ONCE, Pilar Vázquez Blasco, coidadora e educadora, e Andrés Martínez Puente, oftalmólogo.

Os destinatarios da actividade son profesionais de centros que atenden a  persoas con xordocegueira e estudantes e demáis profesionais relacionados coa atención a nenos e nenas con xordocegueira da provincia de Ourense.

O prazo para inscribirse na conferencia pecha o 14 de maio.