Orde pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2012/2013, para o profesorado do corpo de mestres que non teña destino definitivo, desprazado por falta de horario, por motivos de saúde...

Mar, 12/06/2012 - 08:00

Xúntase a Orde do 5 de xuño de 2012 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2012-2013 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleiro ou concelleira, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, e ao persoal interino ou substituto do corpo de mestres e ao que solicite o reingreso no servizo activo.

  • Prazo de formalización da instancia na web:

Para o profesorado suprimido, desprazado por falta de horario, concelleiros, procedentes do estranxeiro, peticionarios de reingreso e en expectativa de destino, interinos e substitutos, o prazo será de vinte días naturais contados a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.