Vázquez Abad reúnese cos estudantes galegos que participaron no programa La Ida, de prácticas de formación en Alemaña

Grazas a este programa o alumnado de PCPI realiza por primeira vez prácticas noutro país

Deste abril a maio oito estudantes dos programas de formación profesional inicial dos IES Macías o Namorado de Padrón, e do Félix Muriel de Rianxo realizaron prácticas

Grazas a este programa os estudantes de PCPI despracen por primeira vez fora da comunidade galega para ampliar os seus coñecementos laborais e lingüísticos

Con esta iniciativa, comezada e apoiada pola Fundación Paideia, dáse un novo paso na loita contra o abandono escolar

Ven, 08/06/2012 - 12:40
Vázquez Abad reúnese cos estudantes galegos que participaron no programa La Ida,
Vázquez Abad reúnese cos estudantes galegos que participaron no programa La Ida, de prácticas de formación en Alemaña

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, recibiu hoxe aos oito estudantes que participaron no Programa La Ida de estancias prácticas de mozas e mozos galegos en Alemaña, desenvolvido en conxunto coa Fundación Paideia.

Xunto coa presidenta da Fundación, Rosalía Mera, o conselleiro e representantes de ambas institucións recibiron aos estudantes de ciclos de formación profesional inicial dos IES Macía o Namorado, de Padrón, e o Félix Muriel, de Rianxo, que presentaron un balance da experiencia formativa adquirida durante o período do programa entre abril e maio.

Estudantes de PCPI fóra de Galicia

Cómpre destacar que grazas a este programa está é a primeira vez que os estudantes galegos de PCPI poden ampliar a súa formación no estranxeiro. Tratase dunha iniciativa, apoiada desde a Fundación Paideia, coa que se da un paso máis na loita contra o absentismo escolar.

Na presentación deron conta da achega desta oportunidade para a ampliación de competencias, e de que xeito interpretan que lles aportará de cara á súa orientación persoal e ao aprendizaxe e mellora do idioma xermano. Os estudantes desprazáronse ata a zona de Brandenburgo onde dous deles realizaron prácticas en empresas nas que ampliaron os seus coñecementos en instalacións deportivas. E logo un perruquería, outro en informativa, mecánica, fontanería, comercio e xardinería.

Protocolo de colaboración

A Consellería de Cultura e Educación participa no programa La Ida a través dun protocolo de colaboración asinado a finais do pasado ano entre a Consellería de Cultura e Educación, a de Traballo e Benestar, a Fundación Paideia Galiza, o ministerio alemán de Traballo e Asuntos Sociais de Berlín, IBI Institut für Bildung in der Informationsgeselleschat e a Deputación da Coruña.

Dito protocolo permitiu que por primeira vez mozas e mozos galegos se desprazaran ata terras xermánicas para poder mellorar as súas competencias profesionais e en idiomas.

Cómpre recordar que ademais a Fundación Paideia xa viña desenvolvendo o programa La Ida desde 2009, data desde a que 126 mozos alemáns realizaron prácticas en empresas das comarcas de Barbanza, Muro, Sar, e Noia. Durante un e tres meses, os beneficiarios realizaban prácticas e cursos de idiomas, ademais de obradoiros deportivos, todo isto englobado dentro dunha innovadora fórmula que ten como obxectivo proporcionar unha cualificación complementaria tanto nas súas competencias profesionais como idiomáticas e do mesmo xeito incrementando as súas posibilidades laborais.

Grazas a este tipo de acordos asinados entre a Xunta e outras entidades de carácter autonómico, nacional ou internacional a administración volve a dar conta do seu interese por proporcionar novas oportunidades tanto de formación como laborais as mozas e mozos galegos.