Apertura do prazo para que o persoal docente, interino ou substituto, do corpos de PES, PT, EOI, EAA e OA e CMUS solicite provincias ou zonas

Xov, 13/09/2012 - 14:19

Infórmase que está aberto o prazo para que o persoal docente interino e substituto dos corpos de PES, PT, EOI, EAA e OA e CMUS faga a solicitude de provincia ou provincias nas que desexe traballar no presente curso académico 2012-2013

Poderá solicitar zona o persoal que se atope nalgunha das seguintes situacións (sempre e cando posúan conta de correo de edu.xunta.es):

  • Para atender o coidado dun fillo menor de seis anos, tanto cando o sexa por natureza ou por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo, deberá presentar copia do libro de familia.
  • Para atender o coidado dun familiar que se teña ao seu cargo, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída. Deberá presentar: informe médico, certificado de convivencia e xustificación da relación de parentesco.
  • Por enfermidade do docente. Deberá aportar informe médico.

Para a solicitude de zona deberá presentarse a instancia que se xera desde o programa (www.edu.xunta.gal/substitutos)  e a documentación xustificativa, orixinal ou copia compulsada, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Para calquera dúbida pode poñerse en contacto co Servizo de profesorado de Secundaria na Consellería en Santiago de Compostela: