Publicados os datos estatísticos do Sistema Universitario de Galicia correspondentes ao curso académico 2009/2010

Mar, 20/11/2012 - 14:00

Un ano máis a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta a publicación dos datos estatísticos do SUG, nesta ocasión correspondentes ao curso académico 2009/2010.

O conxunto destes datos e cifras recollidos neste novo traballo son a evidencia da evolución do sistema público galego e, en concreto, das institucións que o conforman: as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.