Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2013/14

Mar, 14/05/2013 - 08:20

Xúntase a Resolución do 25 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2013/14.

Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 7 de xuño, ambos os dous incluídos. Para tal fin, os centros deberán expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado.