Preguntas frecuentes

Actualizado para o curso 2023/24

 

1. Que centros poden participar?

  • A convocatoria está dirixida a centros públicos e concertados.

  • Cada programa establece os seus criterios de selección e o límite de centros.

2. Cantos programas se poden solicitar?

  • Os que o centro decida, ata un máximo de 10.

3. Cando remata o prazo para formalizar a solicitude?

  • O prazo remata o día 29 de setembro de 2023 (incluído).

4. Como se formaliza a solicitude? Quen debe facelo?

  • Todo o procedemento de solicitude debe realizarse a través da aplicación informática do Plan Proxecta+ (véxase o apartado 8 da convocatoria). Non haberá que presentar a solicitude en papel a través do Rexistro Xeral.

  • A solicitude debe abrila a persoa directora do centro. A ruta é a seguinte: entrar co usuario da persoa directora > seleccionar Plan Proxecta+ e curso 2023/24> Listaxe programas > seleccionar o programa desexado > premer SOLICITAR.

  • Ábrese unha pantalla cos campos do proxecto e aí débese premer CREAR (non é preciso aínda encher eses campos).

  • Unha vez aberta, a persoa directora debe introducir o DNI da persoa que vaia coordinar o proxecto. A partir de aquí a solicitude estará en estado de "edición".

  • A persoa coordinadora, unha vez indicado quen é na aplicación, debe cubrir os contidos do proxecto que o centro quere desenvolver.

  • Unha vez rematada a descrición do proxecto que se pretende desenvolver, a persoa directora do centro debe pechar a solicitude premendo ENVIAR.

  • Rematados todos estes pasos, a solicitude estará en estado de "trámite".

  • A presentación da solicitude supón o compromiso do centro e do profesorado implicado no desenvolvemento do/s programa/s en que se inscriba.

5. Que quere dicir que a solicitude está en estado de...?

  • Edición: a solicitude está en proceso de elaboración, ou sexa, o centro aínda non rematou de cubrila. É a dirección do centro quen debe pechar a solicitude .

                                                                               

  • Trámite: o proxecto está rematado, pechado e enviado. Neste caso, figurará a data de peche para comprobar que se fixo dentro do prazo.

                                                                                

  • Anulada: a solicitude foi invalidada por algún tipo de incidencia ou por renuncia antes do inicio do proceso de selección.
  • Admitida: a solicitude cumpre os criterios do programa e é admitida dentro da cota de centros establecida polo programa.
  • Non admitida: a solicitude está en regra, pero non cumpre os criterios de programa ou non entra dentro da cota de proxectos admitidos, polo tanto é desbotada.
  • Renuncia: a solicitude é desbotada polo propio centro.

Estes cambios de estado comunícanse ao centro automaticamente a través dun correo electrónico emitido desde a aplicación informática.

O percorrido habitual dunha solicitude sería este: Edición > Trámite > Validada > Admitido

6. Onde se publicará a información relativa a esta resolución?

7. Que duración ten a participación no Plan Proxecta+?

  • O curso escolar para o que se convoca, isto é, 2023/24.

  • Todos os programas do Plan Proxecta+ teñen unha temporización de curso completo a excepción dos programas Consumópolis e Clases sen fume que teñen unha temporización de medio curso.

8. Ten algún tipo de recoñecemento a participación do profesorado participante no Plan Proxecta+?

  • Si, certificarase como actividade de innovación educativa, cunha equivalencia en número de horas de formación que dependerá da actividade de curso completo ou medio curso do programa en que se inscriba e conforme á normativa en vigor en materia de recoñecemento das actividades de innovación educativa do profesorado (Orde de 14 de maio de 2013).

  • Durante o curso 2022/23 a equivalencia en número de horas de formación será a seguinte:

    • Proxectos que se realicen só medio curso (Consumópolis e Clases sen fume)

      • Coordinación: 15 horas

      • Participación: 12 horas

    • Proxectos que se realicen durante todo o curso (todos os demais programas):

      • Coordinación: 30 horas

      • Participación: 20 horas

9. Pode participar todo o profesorado?

  • Pode participar o profesorado que teña destino no centro solicitante durante o curso 2023/24, cando menos no período no que se desenvolva o programa.

  • Será indispensable para obter a certificación ter participado polo menos no 80% do programa, así como estar rexistrado na aplicación informática antes do 14 de xaneiro de 2024. Calquera cambio posterior debe estar debidamente xustificado e as solicitudes para modificar o profesorado deben incluír a data de incorporación do docente ao centro e o visto e prace de inspección educativa.

10. En cantos programas pode participar o profesorado? Cantos proxectos se poden coordinar?

  • Cada centro poderá participar no número de programas que poida desenvolver de forma efectiva ata un máximo de dez.

  • Cada docente (á marxe da súa condición de coordinador/a ou participante) recibirá unha única certificación por curso académico, independentemente do número de programas nos que participe.

  • Se un/unha docente participa en máis dun programa con distintos roles recibirá unha única certificación por curso académico. Prevalecerá sempre a condición de coordinador/a sobre a de participante. Se o rol é o mesmo prevalecerá a participación en programas de temporización de curso completo sobre os de medio curso.

11. Que sucede se un docente se dá de baixa do programa?

  • Se un docente deixa de participar no desenvolvemento do programa, na memoria final deixarase en branco o cadro que acredita a súa participación.

  • Se o docente que se dá de baixa é a persoa que coordina o programa, cómpre substituíla canto antes tanto no traballo efectivo coma na aplicación informática para que se poidan realizar debidamente os labores de coordinación.

  • Se o programa chega ao final do curso só cun docente participante deixaranse de cumprir as bases da convocatoria.

12. Que sucede se un docente se quere incorporar ao desenvolvemento dun programa?

  • Ata o 14 de xaneiro de 2024 pódense incorporar docentes que non estivesen incluídos na solicitude. Cómpre comunicalo canto antes á Asesoría de Innovación Educativa para dalos de alta na aplicación. A partir desa data non se poderá facer ningunha outra incorporación salvo as que estean debidamente xustificadas e valoradas favorablemente pola comisión.

13. Que obrigas teñen os docentes participantes no desenvolvemento dun programa?

  • En canto á persoa que exerza o labor de coordinador/a,

    • Establecer as liñas estratéxicas do programa na solicitude do proxecto

    • Propoñer accións

    • Coordinar as accións

    • Realizar a memoria final

  • En canto aos outros docentes participantes,

    • Desenvolver as accións propostas

14. Cal é a razón de ser dos proxectos desenvolvidos ao abeiro do Plan Proxecta+?

  • O traballo interdisciplinario entre o profesorado participante, que colaborará desde a súa área ou departamento

  • O traballo activo do alumnado, que será o verdadeiro protagonista da execución dos proxectos

  • A visibilización do traballo, que será exposto a través das canles de comunicación habituais (blog, web, prensa...)

  • A integración dos proxectos de traballo na práctica de aula

  • A integración da aprendizaxe no medio en que vive o alumnado

15. Que debe incluír a memoria final?

  • As tarefas realizadas por cada docente, de xeito pormenorizado

  • As accións deseñadas e desenvolvidas no centro

  • As accións executadas por proposta dos responsables do programa (saídas, visitas, uso de material didáctico recomendado...)

  • O grao de cumprimento dos obxectivos propostos

  • O nivel de participación do alumnado e das familias no desenvolvemento das actividades

  • Os produtos elaborados polo alumnado

  • As ligazóns aos contidos que visibilizan as actividades realizadas polo centro

16. Como se edita e envía a memoria final? Quen debe facelo?

  • A edición e o envío da memoria debe realizarse a través da aplicación informática do Plan Proxecta+ (véxase o apartado 11 da convocatoria). Non haberá que presentar a memoria en papel a través do Rexistro Xeral.

  • A memoria debe elaborala a persoa coordinadora do programa. A ruta é a seguinte: entrar co usuario da persoa coordinadora > seleccionar Plan Proxecta+ e curso 2023/24 > Memorias > Listaxe memorias coordinador > icona LAPIS.

  • Ábrese unha pantalla cos campos da memoria para encher. Para gardar os cambios débese premer GRAVAR. 

  • Unha vez rematada a memoria, a persoa directora do centro debe entrar coa súa conta e enviar a memoria. A ruta é a seguinte: entrar co usuario da persoa directora > seleccionar Plan Proxecta+ e curso 2023/24 > Memorias > Listaxe memorias > icona LAPIS > premer REMATAR E ENVIAR.

  • Realizados todos estes pasos, a memoria constará como enviada e pasará a estado "rematada" na aplicación.

17. Cales son as razóns polas que se pode suspender a memoria final?

  • Que non se dea debida conta das tarefas realizadas por cada docente.

  • Que non se cumpran os niveis de participación mínimos esixidos polas bases da convocatoria.

  • Que non se expliquen as accións realizadas.

  • Que non se participe das accións promovidas polo programa.

  • Que non se indique o grao de cumprimento dos obxectivos propostos.

  • Que non se indique o nivel de participación do alumnado e das familias no desenvolvemento das actividades.

  • Que non se identifiquen e amosen os produtos elaborados polo alumnado.

  • Que non haxa evidencias do traballo realizado, ou sexa, que non se indiquen as ligazóns aos contidos que visibilizan as actividades realizadas polo centro.