Concursos matemáticos 2014 organizados por AGAPEMA [1]
Enviado por juliatabo a Ven, 21/03/2014 - 10:35A Asociación Galega do Profesorado de Matemáticas (AGAPEMA) da zona da Coruña convoca para estudantes e adultos tres concursos ou iniciativas, que son:
VII Certame de Matmonólogos
Consiste na presentación dun guión inédito cunha extensión máxima de mil palabras en lingua galega ou castelá co tema relacionado coas matemáticas.
Categorías:
- Alumnado de Educación Primaria e primeiro ciclo da ESO
- Alumnado de segundo ciclo da ESO e bacharelato
- Adultos, maiores de 18 anos
A maiores das categorías anteriores, outorgarase un premio especial patrocinado por educaBarrié [2] á obra máis votada na web polos usuarios.
O prazo de entrega remata o 22 de abril de 2014.
VIII Concurso de Fotografía Matemática
Consiste na realización de fotografías con temática as matemáticas (suxírese en particular matemáticas e computación, xa que este é o lema para o ano 2014).
O formato deberá ser de tamaño de impresión mínimo 15 cm x 30 cm e peso máximo das fotografías dixitais 1,5 Mb.
Deberán ser inéditas e deberán levar un título relacionado co seu contido matemático. Non se admitirán imaxes de montaxes, nin de manipulación dixital e deberá acreditarse a propiedade intelectual.
Cada fotografía deberá ir acompañada dun texto descritivo/explicativo sobre a vinculación da imaxe co mundo matemático, cunha extensión máxima de 100 palabras.
Categorías:
- Alumnado de Educación Primaria e primeiro ciclo da ESO
- Alumnado de segundo ciclo da ESO e bacharelato
- Adultos, maiores de 18 anos
A maiores das categorías anteriores, outorgarase un premio especial patrocinado por educaBarrié [2] á obra máis votada na web polos usuarios.
A recepción de fotografías será ata o día 22 de abril de 2014.
II Concurso de Esopías
Consiste na presentación dunha esopía inédita, en castelán ou galego. Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número п.
A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
Categorías:
- Alumnado de Educación Primaria e primeiro ciclo da ESO
- Alumnado de segundo ciclo da ESO e bacharelato
- Adultos, maiores de 18 anos
A maiores das categorías anteriores, outorgarase un premio especial patrocinado por educaBarrié á obra máis votada na web polos usuarios.
O prazo de entrega remata o 22 de abril de 2014.
Máis información destas iniciativas na web inferior.
Website:
Tema:
Colectivo:
Sección: