Solicitude de destinos para a realización das prácticas por parte dos opositores aprobados no concurso-oposición [1]
Enviado por administrador a Xov, 17/07/2014 - 10:35Coa finalidade de poder realizar o período de prácticas, os opositores que teñan superado o procedemento selectivo deberán solicitar destinos no prazo de tres días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da lista de aprobados polos tribunais cualificadores no centro onde se realizaron as probas e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de acordo coa base décimo sexta da convocatoria.
Os opositores aprobados no concurso-oposición deberán acceder a https://www.edu.xunta.gal/cadp [2] para facer a petición de destinos. A relación dos centros que se poden solicitar aparece nos Anexos da propia aplicación informática.
Tamén pode consultarse na ligazón seguinte /portal/node/12706 [3] calquera outra información en relación coas peticións de destinos.