Bibliotecas Escolares Solidarias: publicación dos centros inscritos nas accións "Voluntariado na biblioteca escolar" e "Voluntariado de Lectura-A" [1]
Enviado por administrador a Xov, 26/01/2017 - 15:05Con data 7 de novembro de 2016, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publicaba a Resolución pola que se convocaba o programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2016/2017. Rematado o periodo de inscrición, publícanse as listaxes de centros adheridos a dúas das iniciativas que integran este programa:
- Voluntariado de lectura-A (alumnado de 5º e 6º de primaria)
- Voluntariado na biblioteca escolar (alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial).
Este programa desenvólvese en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Consellería de Política Social. Xúntanse as relacións de centros inscritos en ámbalas dúas accións.