Resolución provisional da convocatoria de plans de formación permanente do profesorado a implantar en centros públicos docentes para o curso 2012/2013 [1]
Enviado por administrador a Lun, 01/10/2012 - 14:37Xúntase a resolución provisional da convocatoria de plans de formación permanente do profesorado a implantar en centros públicos docentes para o curso 2012-2013, conforme coa Resolución do 22 de maio de 2012,da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG do 28).
As listaxes están ordenadas por provincias e, dentro delas, por orde alfabética das localidades onde se atopan os centros participantes na convocatoria.
- Segundo o apartado décimo terceiro da citada Resolución, establécese un prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación, para que os interesados poidan efectuar as posibles reclamacións ou renuncias.
NOTA: Por mor dunha maior axilidade na xestión, poden adiantar as posibles alegacións e renuncias por mail ao enderezo formacion.fprofe@edu.xunta.es [2]. O que non exclúe facelo oficialmente co selo de rexistro de envío.
Os teléfonos de información e consultas son o 981.540.288 e 981.546.510.