Publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais do baremo aberto no corpo de profesores de Música e Artes Escénicas na especialidade de Expresión Corporal [1]
Enviado por administrador a Mér, 12/12/2012 - 08:15Xúntase o Anuncio do 30 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais do baremo no corpo de profesores de Música e Artes Escénicas, para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia na especialidade de Expresión Corporal (594449), aberto mediante o Anuncio do 10 de outubro de 2012, desta dirección xeral (DOG do 26).
Contra estas puntuacións provisionais e relación provisional de excluídos poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia