Comisións de servizos por motivos de saúde (2013) [1]
Enviado por administrador a Lun, 15/04/2013 - 08:30Poderán solicitar comisións de servizo de saúde neste primeiro prazo todos os docentes do corpo de ensinanza secundaria, profesor técnico de formación profesional, profesor de música e artes escénicas, profesor de escolas oficiais de idiomas, profesor ou mestre de artes plásticas e deseño e mestres que non estean participando no concurso de traslados.
SOLICITUDE DE PRAZAS BILINGÜES: As persoas interesadas en solicitar prazas bilingües, deberán estar habilitadas previamente a formular a solicitude de comisión de servizos. Para habilitarse deben achegar unha solicitude e a documentación establecida na Orde do 18 de febreiro de 2011 [2] pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas (DOG do 26 de abril de 2011) ao número de fax que de seguido se indica:
- Profesorado de educación infantil e primaria: 881999241
- Profesorado de educación secundaria, formación profesional e de réxime especial: 981545484.
Máis información [3]
File: