Resolución provisional de admitidos e excluídos das comisións de servizos por motivos de saúde (2013) [1]
Enviado por administrador a Lun, 01/07/2013 - 10:00Publícase a Resolución provisional de admitidos e excluídos das comisións de servizos por motivos de saúde do profesorado de educación infantil e primaria, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2013/2014.
Prazo de reclamación:
- O prazo de reclamacións comeza o día 1 de xullo de 2013 e remata o día 5 de xullo de 2013, ambos días incluídos.
- As reclamacións á resolución provisional deberán dirixilas á Xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U da correspondente provincia segundo consta na referida Resolución.