CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
PREGUNTAS FRECUENTES     Contidos educativos multimedia  

Estructura Galega de Contidos
Está destinada a favorecer o uso das tecnoloxías da información e a comunicación en distintas áreas de coñecemento e crear novos contornos de aprendizaxe. Os materiais hipermedia interactivos que se presentan no portal pretenden achegar innovacións didácticas nestes soportes, e traballar os contidos curriculares de forma directa na aula ou no fogar.

A Estructura Galega de Contidos está formada actualmente por 15 grupos de traballo para a elaboración de contidos educativos curriculares multimedia en contorno web.

Educación Infantil
Matemáticas
(Educación Primaria)
Lingua Galega
(Educación Primaria e E.S.O.)

Lingua Castelá
(Educación Primaria)

Lingua Inglesa
(Educación Primaria)
Lingua Francesa
(Educación Primaria e E.S.O.)
Necesidades Educativas Especiais
(Educación Primaria e E.S.O.)
Educación Artística
(Educación Primaria)
Educación Física
(Educación Primaria)
Integración dos Medios de Comunicación Social
(Educación Primaria e E.S.O.)
Ciencia, Xeografía e Historia
(Educación Primaria)
Xeografía
(Bacharelato)
Debuxo Técnico
(Bacharelato)
Tecnoloxía
(E.S.O.)
Electrotécnia
(Bacharelato)
Consultas e información sobre Contidos Educativos:
contidos@edu.xunta.es
premios.siega@edu.xunta.es

··· PLATAFORMA E-LEARNING DE TELEFORMACIÓN
Ofrece formación de calidade a distancia para docentes, adultos e alumnado, co obxectivo tanto da iniciación como da actualización e ampliación dos coñecementos. Achega un novo xeito de autoformación cunha dimensión universal e cunha metodoloxía innovadora ó servicio do usuario, sen barreiras de espacio e tempo, posibilitando un novo contorno colaborativo e participativo entre os diferentes usuarios.

··· PORTAL EDUCATIVO
Ten como obxectivo facer partícipe a toda a Comunidade Educativa da Sociedade da Información e o Coñecemento, representando unha resposta eficaz e coherente , onde se ofrece:

Un entorno de traballo colaborativo no que se ofertan novidades sobre as actualizacións dos contidos e proxectos de innovación educativa.
Un banco de recursos multimedia de libre uso por parte do profesorado na elaboración dos seus materiais didácticos.
Materiais educativos elaborados polo profesorado, catalogados segundo os diferentes niveis educativos, permitindo a súa actualización, mellora e acceso dende calquera centro educativo.
Acceso a utilidades e ferramentas informáticas de última xeración orientadas á producción de materiais educativos.
Un lugar de encontro, intercambio e publicación de materiais educativos elaborados polo profesorado a través de Grupos de Traballo, Proxectos de Formación, Seminarios Permanentes, Traballos de investigación.... para as distintas áreas educativas.
Contornos virtuais de traballo, foros, roldas de correo, enquisas, repositorios de materiais e recursos e de espacios de publicación e comunicación

··· PREMIOS SIEGA
A través desta convocatoria e no marco de actuacións que se veñen desenvolvendo dentro do Proxecto Siega, pretendese fomenta-lo desenvolvemento de materiais educativos que supoñan a utilización de ferramentas propias da sociedade da información nos centros.
Por elo, convócanse mediante concurso, o certame de premios ó deseño e contidos de páxinas web, ó desenvolvemento de materiais educativos en contorno web de materias que constitúen o currículo das ensinanzas non universitarias de plans vixentes ou experimentais, e a galerías de imaxes neste contorno.

Sistema de Información da Educación Galega