Welcome  
Páxina principal

A Rede da Educación Galega (REDUGA) infraestrutura de telecomunicacións e redes ó proxecto SIEGA, dotándoo dos recursos informáticos e humanos esenciais para o funcionamento dos servizos educativos que se ofertan.
REDUGA proporciona a infraestructura tecnolóxica necesaria a tódolos centros, integrándoos no sistema para que compartan os seus recursos pedagóxicos sen perder autonomía.

Ordenadores e recursos multimediaAbrirPechar

INTEGRACIÓN NA REDE PRIVADA DA XUNTA DE GALICIA
Integración de tódolos centros nunha única intranet mediante a súa conexión, por banda ancha, á rede privada da Xunta de Galicia.
Acceso a Internet para tódolos centros educativos cun ancho de banda, dedicado en exclusiva para eles, de 100 Mb/s.

INFRAESTRUCTURA TECNOLÓXICA DE EQUIPOS E DE COMUNICACIÓNS PARA AS 400 ESCOLAS UNITARIAS E UNIDADES ILLADAS DE COLEXIOS RURAIS AGRUPADOS (CRAs).
Dotación de 500 ordenadores portátiles con tecnoloxía sen fíos incorporada.
Acceso á intranet educativa mediante redes de banda ancha (ADSL, liñas de satélite bidireccionais ou equivalente).
Acceso a Internet vía satélite (Hispasat) con 512 Kb/s bidirecional simétrica.

DOTACIÓN DE ORDENADORES PORTÁTILES
Dotación de ordenadores portátiles con tecnoloxía sen fíos incorporada ós 340 centros de ensino secundario, así como para outros 740 centros (centros de educación infantil e/ou primaria con máis dunha unidade, centros de educación especial e centros de réxime especial).

DOTACIÓN DE CABLEADO DE DATOS
Redes de área local (LANs) en tódolos centros educativos.
Tódolos espacios e aulas dos centros educativos de ensino secundario con cobertura mediante redes sen fíos Wi-Fi.
Os distintos edificios dun mesmo centro educativo interconectaránse mediante fibra óptica para constituír unha única rede de área local (LAN)

sem
reduga
u@cega
pl@tega
contidos educativos
e-administración
premios SIEGA

 

Premios SIEGA
Convocatoria anual para fomentar a creación de recursos educativos en liña