Os Servizos Educativos Multimedia (SEM) provén á comunidade educativa de ferramentas de comunicación que estimulan a súa participación na sociedade da información.
Estes servizos proporciónanlle ao profesorado instrumentos para desenvolver o seu labor educativo no novo marco tecnolóxico e melloran a súa eficacia pedagóxica. Tamén lle facilitan ao alumnado a aprendizaxe dos contidos curriculares, así como a súa adaptación ao contorno de traballo da sociedade da información.
Correo electrónico:
- para 37.712 profesores (activadas actualmente máis de 28.000 contas)
- posta en marcha de eduxove.edu.es, correo electrónico para 400.000 alumnos
Portal Educativo (www.edu.xunta.es)
- é unha porta de acceso único a todos os servizos que ofrece a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- dispoñible para todos os membros da comunidade educativa a través dos distintos perfís que ofrece
- contornos informativos específicos para cada tipo de usuario
- acceso á e-Administración educativa para a realización de trámites administrativos a través da web
- Páxinas web dos centros: actualmente a cifra é de 350, e aumenta diariamente.
|