CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
PREGUNTAS FRECUENTES     USO DO CORREO SEM     SEM correo  

SEM CorreoO servicio de mensaxería SEM Correo supón estender o uso do correo electrónico en todo o eido educacional, facilitando o achegamento entre os membros da comunidade educativa, de xeito que permita a superación da dispersión territorial, ademais de promover as relacións entre ámbitos e colectivos distintos (rural/urbano, pais/profesores, colectivos de alumnos).
Actualmente tódolos centros públicos galegos de ensino non universitario contan cunha conta de correo SEM para uso exclusivo do propio centro educativo.

.....................................................................................................................................................
  Vostede pode buscar información sobre un determinado centro educativo dirixíndose á seguinte páxina web e introducindo os criterios de busca: http://www.edu.xunta.es/webcentros

.....................................................................................................................................................

Con respecto ó profesorado, na actualidade están activadas as contas de correo de 28.000 usuarios.
Calquera profesor/a (funcionarios, interinos, contratados, ...) do ensino público non universitario de Galicia pode solicitar a súa conta de correo SEM.

....................................................................................................................................................
Para solicitar a súa conta de correo SEM, o seu centro educativo deberá enviar un correo electrónico a "uac@edu.xunta.es" indicando qué profesores desexan unha conta de correo web, e xuntando os seguintes datos de cada un deles: Nome completo e DNI con letra.
Tamén poder face-la solicitude vostede mesmo enviando un FAX dirixido á Unidade de Atención a Centros (número de FAX 981 54 54 43) indicando o Centro Educativo no que vostede está actualmente destinado e os seguintes datos persoais: nome completo e número do DNI (con letra).

....................................................................................................................................................

As contas de correo SEM non teñen ningunha limitación de espacio ou volume. Sen embargo os recursos físicos dispoñibles non son infinitos, polo que se prega a tódolos usuarios que manteñan almacenados no servidor o menor número de mensaxes posible.

Sistema de Información da Educación Galega