Xunta de Galicia. Consellería de educaci�n e Ordenaci�n Universitaria
Buscar
Mantéñase actualizado cos anuncios e novas da UAC. Canais RSS

Inicio

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

O prazo de inscrición para a proba de acceso a ciclos de grao superior será desde o día 18 ata o 29 de xaneiro, ambos os dous incluídos, nos IES e CIFP onde se imparte formación profesional específica agás o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol.

18 de xaneiro de 2010


Calendario para a recollida de Datos Iniciais de Matrícula (DIM) do curso 2009/2010

A dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa estableceu o calendario para a recollida dos Datos Iniciais de Matrícula (DIM) do curso 2009/2010. A carga/consulta de datos realizarase coa aplicación DRDIM en http://www.edu.xunta.es/drdim

19 de xuño de 2009


Premios bacharelato

Aberta a convocatoria para premios extraordinarios de bacharelato 2008-2009

Aberta a convocatoria para premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ó curso 2008-2009. O derradeiro día para solicitar, nos centros educativos públicos, a participación nos premios extraordinarios de bacharelato, será o 8 de xuño de 2009.

14 de maio de 2009


Consultas sobre a formación en centros de traballo ( FCT )

Consultas sobre a formación en centros de traballo ( FCT )

As consultas relacionadas coa aplicación FCT ou a xestión de axudas do alumnado que realiza a formación práctica en centros de traballo deberán dirixirse á asesora responsable da xestión da formación en centros de traballo (FCT) da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, no teléfono 981 54 02 13

20 de outubro de 2008


Servicios Educativos Multimedia (SEM)

Solicitude de correo electrónico edu.xunta.es

Solicite e active a súa conta de correo electrónico.

Siga os pasos descritos para solicitar a súa conta de acceso e/ou de correo electrónico no dominio edu.xunta.es segundo sexa o seu caso. Ó finalizar remitiráselle unha carta co PIN de activación para que vostede mesmo active a súa conta de correo.

26 de setembro de 2007