Xunta de Galicia. Consellería de educaci�n e Ordenaci�n Universitaria
Buscar

Presentación

Presentación

A Unidade de Atención a Centros da Educación Galega (U@Cega) foi posta en funcionamento pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no ámbito do proxecto SIEGA, para lles ofrecer soporte e asistencia técnica ós usuarios dos sistemas de información e novas tecnoloxías das comunicacións das comunidades educativas. Está dotada con recursos tecnolóxicamente avanzados: equipamento CTI (Computer Telephony Integration) e aplicacións informáticas especializadas de soporte a usuarios, adaptados ás necesidades particulares dos usuarios do sistema educativo non universitario galego.


Tamén contamos cun equipo humano con dedicación exclusiva ó desempeño das funcións de soporte técnico e asesoramento no eido das novas tecnoloxías da  información e as comunicacións. Dito equipo está destacado nos servizos centrais e nas catro provincias, cubrindo todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.


Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos
Edificio administrativo de San Caetano.
15704 Santiago de Compostela.

Publicado: 10/07/2007