Si eres usuario: Acceso

Perseguimos a formación das persoas nos valores que favorecen a liberdade persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática,a solidariedade, a tolerancia, a igualdade, o respecto e a xustiza que constitúen a base da vida común.

CONCURSO PARA FOMENTAR A SENSIBILIZACIÓN SOBRE A DONACIÓN DE TRANSPLANTES DE ÓRGANOS

2010-01-18 00:22
Etc/GMT

CONCURSO SOBRE DONACIÓN DE ÓRGANOS 

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Oficina de Coordinación de Transplantes vén de convocar un ano máis un concurso de debuxo e lemas dirixido aos escolares para este curso escolar. Poderán participar no concurso o alumnado de 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) de todos os centros educativos da Comunidade Autónoma Galega. O prazo de presentación das obras rematará o 30 de abril do 2010. Pódese atopar toda a información necesaria para participar nos documentos adxuntos a esta nova.

 

AVISO AOS CENTROS QUE O ANO PASADO TRABALLARON NO PLAN VALORA

Nuns días sairán aos centros educativos as certificacións correpondentes ao plan Valora 2008-2009.

AULAS SEN FUME 2009-2010. prazo de inscrición aberto ata o día 27 de outubro

Como cada ano, arranca por estas datas o concurso Aulas sen fume, que trata sobre a prevención do consumo de tabaco na adolescencia.

Todos aqueles que queirades participar, podedes facer a vosa inscrición descargando os documentos adxuntos, ou ben a través da web: http://dxsp.sergas.es.

Así mesmo, tedes tamén un documento adxunto onde podedes atopar toda aquela información que vos anime a participar. Desde a Consellería de Educación e O.U, facemos extensiva a invitación a toda a comunidade escolar, xa que adquirir hábitos de conducta sa é algo no que todos estamos involucrados. 

Xogo sobre a desnutrición infantil: material de sensibilización de Médicos sen Fronteiras

A ONG Médicos sen Fronteiras vén de producir un xogo para escolares que informa sobre a desnutrición infantil titulado "E comeron felices...unha historia optimista sobre a desnutrición infantil". O xogo trata de sensibilizar dun xeito adecuado sobre a desnutrición infantil e de qué podemos facer entre todos para poñele freno. Médicos sen Fronterias pretende darlle así a esta cuestión unha orientación positiva.

Podedes descargar o xogo directamente premendo aquí ou consultando a páxina web de Médicos sen Fronteiras, xa que é un recurso gratuito para ser empregado ben nas casas, -coas familias-, ben nos centros educativos. Está destinado aos nenos e nenas  a partir dos 10 anos.

Si queredes afondar na campaña, e coñecer algo máis do traballo que desenvolve esta ONG a prol da erradicación da fame infantil, podedes consultar ou descargar o documento adxunto.

POBREZA CERO: SEMANA DE CONCIENCIACIÓN EN TODA GALICIA

A Coordinadora de ONGs de Galicia para o Desenvolvemento está a realizar estes días os actos de sensibilización e denuncia contra a pobreza, actos que se enmarcan na campaña mundial contra esta lacra. A campaña galega consta de actos de diferente natureza, entres os que se atopan conferencias, e concentracións. A comunidade educativa nin está, nin quere estar ao marxe destas actividades, polo que vos informamos nos documentos adxuntos de onde vanse a celebrar os actos organizados. Para realizar calquera consulta sobre os mesmos, non dubidedes en poñervos en contacto con nós.

5 de outubro: DÍA INTERNACIONAL DO E DA DOCENTE

O día 5 de outubro celébrase o día internacional dos e das docentes, despois de que fora instaurado oficialmente pola UNESCO, en 1994, co fin de conmemorar a sinatura da recomendación OIT/UNESCO. Segundo esta organización, o Día Mundial das persoas docentes simboliza a concienciación sobre a contribución do profesorado á mellora da convivencia, e a extensión da cultura de paz, do compromiso ético, e dos valores sobre os que se asientan os sistemas democráticos. Actualmente, máis de 100 países celebran e conmemoran este día dalgún xeito, motivo polo cal, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da súa páxina de valores transversais, quere compartir e felicitar a todos aqueles docentes, que contribúen, coa súa práctica diaria, a construír un mundo mellor.

 

MATERIALES DE EDUCACIÓN EN VALORES DE MANOS UNIDAS

a ONG Manos Unidas ven de por a disposición de todo o profesorado que os queira empregar os seus materiais de educación en valores, para as etapas de educación infantil, de primaria e de secundaria, destinados a sensibilizar e concienciar á poboación escolar sobre o Obxectivo 7º dos Obxectivos do Milenio: garantir a sostenibilidade do Medio Ambiente. Todos eles están dispoñibles nos documentos adxuntos.

RECURSOS EDUCATIVOS SOBRE COOPERATIVISMO

O Consello Galego de Cooperativas ten disposto unha serie de recursos educativos, que promoven estes valores do asociacionismo e a cooperación, en distintos eidos. Estes recursos están secuenciados para os distintos ciclos de Educación Primaria, Educación Secundaria e Formación Profesional. Pódese consultar esta páxina desde aquí.

Tamén hai información dispoñible sobre o Certame "Cooperativismo no ensino 2009", dirixido ao profesorado de educación infantil, primaria e secundaria, cuxo prazo de presentación remata o día 31 de maio de 2009.

CONCURSO DE CURTAMETRAXES: REMATA O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN O DÍA 30 DE ABRIL

A oficina de coordinación de transplantes de Galicia, en colaboración co SERGAS e coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha un concurso de curtametraxes, dirixido ao alumnado de Bacharelatos e ciclos formativos de grao medio, co fin de sensibilizar á sociedade coa necesidade de fomentar a doazón de órganos.

O concurso estará aberto ata o día 30 de abril de 2009; pódense consultar as bases nos documentos adxuntos a esta nova.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño celébrase o Día do Medio Ambiente. A data serve para reflexionar sobre a crítica situación do planeta en cuestións medioambientais, así como aportar alternativas ao desenvolvemento máis sustentables e humanas. Moitos centros están a traballar e desenvolver experiencias neste ámbito, con materiais propios e outros que lles serven de apoio. Neste último caso atópase a unidade didáctica desenvolvida ONG "Entreculturas", que podes ver no documento adxunto.

Así mesmo, a Xunta de Galicia publica unha declaración institucional sobre o Día do Medio Ambiente, que podes consultar desde aquí.

Distribuir contido