- A consellería nun clic
- Benvida do conselleiro
- Lei de transparencia
- Gabinete do conselleiro
- Gabinete de comunicación
- Secretaría Xeral Técnica
- Secretaría Xeral de Universidades
- Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
- Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
- Departamentos territoriais
- Órganos colexiados
- Información e servizos
- Ensinanza
- Tema
Benvida do Conselleiro
Como conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quero darlle a benvida ao portal desta institución na que se unifican, nun mesmo departamento administrativo, as competencias educativas e culturais.
Os libros, os museos, as escolas, as bibliotecas, as universidades, os arquivos, os conservatorios, as linguas, a música e as artes escénicas, teñen que ver coa educación e coa cultura. E, tal vez hoxe máis ca nunca, a cultura e a educación son fundamentais para non esquecer os nosos valores, para continuar fortalecendo a nosa identidade e seguir crecendo como pobo.
Cultura, lingua, territorio e tradicións son as raíces da comunidade social galega ó longo da historia. O noso pobo foi constituindo esta realidade histórica, unha realización colectiva que é a cultura do país. Unha cultura que, sen dúbida, debe asentarse e axudarse dun sistema educativo que, coma o galego, aspire a mellorar a súa calidade, no camiño cara a excelencia
Sabemos que na situación que nos tocou vivir é preciso realizar un esforzo para apoiar ao sector das industriais culturais de Galicia e buscar novas estratexias de cooperación e colaboración que lles permitan incrementar o prestixio e a proxección internacional da marca “Galicia”. Nesa tarefa queremos contar con todos para así aumentar o consumo da cultura feita en Galicia e internacionalizar o labor das nosas industriais culturais.
En definitiva, a identificación da Galicia intelectual coa Galicia popular, da que falaba Don Ramón Piñeiro, vai ser para nós un principio básico xunto co respecto da nosa diversidade e da nosa pluralidade. Nese senso, quixera reiterar a miña convicción de que non hai cultura sen educación, nin educación sen cultura. Máis aínda no caso de Galicia que ten cultura e linguas propias, que ten alma de seu.
Xesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria






Pode subscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds