Gastos de funcionamento

Gastos de funcionamento dos centros públicos
Ven, 15/03/2013 - 12:15

Importes asignados aos centros públicos para gastos de funcionamento durante o ano 2013

"OBSERVACIÓN:

A Xunta de Galicia está poñendo en marcha o procedemento para a contratación centralizada da subministración da enerxía eléctrica da súa rede de centros e instalacións (REDEXGA), coa finalidade de optimizar a xestión e reducir custos, o que repercutirá no orzamento dos centros que realicen o pago directo das correspondentes facturas, ao diminuir o importe destas."

Importes asignados aos centros públicos para itinerancias durante os anos 2012 e 2013

Nestes documentos relaciónanse os importes para o aboamento dos desprazamentos do profesorado itinerante para os anos 2012 e 2013 de acordo cos datos facilitados pola Subdirección Xeral de Persoal.

Na columna "Importe incluído en orzamento inicial" figuran as contías asignadas dentro dos gastos de funcionamento aos centros que o comunicaron antes do 31 de decembro do ano anterior.

Na columna "Importe tramitado como complementario" figuran as contías asignadas aos centros que o comunicaron despois da data indicada.

Para máis información sobre itinerancias: 981 544 482  -  itineranciasatedu [dot] xunta [dot] es