- A consellería nun clic
- Benvida do conselleiro
- Lei de transparencia
- Gabinete do conselleiro
- Gabinete de comunicación
- Secretaría Xeral Técnica
- Secretaría Xeral de Universidades
- Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
- Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
- Departamentos territoriais
- Órganos colexiados
- Información e servizos
- Ensinanza
- Tema
Gratuidade de libros de texto
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria rematou a implantación do programa de préstamo de libros de texto no curso 2007/2008, cumprindo así o compromiso adquirido no ano 2003. Non obstante, á vista da conxuntura económica, resultou necesario facer unha reforma do sistema no curso 2009/2010, de xeito que se beneficien da gratuidade as familias con menos recursos.
Neste sentido, e en consonancia coa política de austeridade do Goberno da Xunta de Galicia, para 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria, así como para educación especial, no curso 2011/2012 continuarase coa convocatoria de axudas dirixidas ás familias en función da súa renda (Gratuidade solidaria).
Por outro lado, en 3º e 4º curso de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria manterase o sistema de cesión de uso nas materias que non cambien de idioma, coa finalidade de optimizar os recursos existentes. Sen embargo este sistema só se manterá nas materias que non cambien de idioma (Programa de libros de texto – Préstamo).
A aplicación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, leva consigo que algunhas materias cambiaron a lingua na que se imparten, e segundo o disposto no seu artigo 13, que establece que os materiais e libros de texto das materias impartidas en galego e en castelán estarán redactados na lingua en que se imparta a materia, faise preciso a substitución destes.
Así pois, en coherencia coa política desta consellería relativa á implantación dun sistema de axudas en función da renda per cápita familiar, e para que a aplicación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, non lle supoña un esforzo económico as familias con menos recursos, esta consellería estableceu un sistema de axudas en función de renda para a adquisición destes libros de texto das materias que cambien de idioma de acordo co citado decreto (Gratuidade solidaria plurilingüismo).
|
Axudas para a adquisición de libros de texto (1º, 2º, 5º e 6º de primaria, 1º e 3º de ESO e educación especial) Procedemento ED330B. Orde do 13 de maio de 2011 (DOG do 31 de maio) |
|
|
Programa de libros de texto (préstamo) - só materias que non cambian de idioma - (3º e 4º de primaria e 2º e 4º de ESO) Procedemento ED330A. Orde do 18 de maio de 2011 (DOG do 31 de maio) |
|
|
Axudas para a adquisición de libros de texto-plurilingüismo -só materias que cambian de idioma- (3º e 4º de primaria e 2º e 4º deESO) Procedemento ED330C. Orde do 16 de maio de 2010 (DOG do 31 de maio) |
|









Pode subscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds