Gratuidade de libros de texto

Gratuidade solidaria - Plurilingüismo
Mar, 31/05/2011 - 11:00

 

Obxecto da convocatoria e procedemento

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario que cambien de idioma de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, destinadas ao alumnado matriculado no curso escolar 2011/2012, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, en 3º e 4º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria.

  1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en 3º ou 4º de educación primaria ou en 2º ou 4º de educación secundaria obrigatoria, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2011/2012 e non repetir curso neste ano académico.
  2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  3. Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.

 

 

Os anexos que se xuntan poden descargarse ao ordenador, cubrirse e imprimirse (requírese Adobe Acrobat 7.0 ou superior)

Servizo(s) relacionado(s): 
ALP