Comisións de servizo

Comunicación sobre a apertura dun novo prazo para completar as peticións de centros para os solicitantes de comisións de servizos
Lun, 12/07/2010 - 12:44

Comunícase que dende o  martes 13 de xullo e ata o vindeiro sábado 17, todas aquelas persoas que teñan concedida unha comisión de servizos por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar  e laboral poderán ampliar a súa petición de centros a efectos da adxudicación de destinos provisionais a través da mesma aplicación informática pola que cubriron a súa solicitude inicial a través do servizo relacionado máis abaixo.

Máis información

Servizo(s) relacionado(s):