- A consellería nun clic
- Benvida do conselleiro
- Lei de transparencia
- Gabinete do conselleiro
- Gabinete de comunicación
- Secretaría Xeral Técnica
- Secretaría Xeral de Universidades
- Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
- Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
- Departamentos territoriais
- Órganos colexiados
- Información e servizos
- Ensinanza
- Tema
A Consellería de Educación asinará convenios de colaboración coas universidades de Santiago de Compostela e A Coruña para a promocion da investigación do galego no centro Ramon Piñeiro
A Secretaría Xeral de Política Lingüística destina máis de 200.000 euros á realización das actividades recollidas no acordo
Xov, 02/09/2010 - 16:17
A Secretaría Xeral de Política Lingüística asinará convenios de colaboración coas universidades de Santiago de Compostela e A Coruña para a promoción e apoio á investigación en humanidades no Centro Ramón Piñeiro. Segundo o aprobado hoxe no Consello da Xunta, os convenios terán vixencia durante os anos 2010, 2011 e 2012, e a eles vanse destinar 207.993 euros.
As iniciativas ao abeiro destes convenios estarán destinadas a desenvolver proxectos e actividades de potenciación e afondamento no estudo filolóxico e conservación das fontes lingüísticas, literarias e antropolóxicas da comunidade galega durante os anos 2010, 2011 e 2012.
Ademais, a Consellería colaborará nas actividades que se realicen no Centro Ramón Piñeiro a través de profesionais que desenvolverán tarefas de coordinación científica e dirección técnica do centro, así como todos aqueles proxectos de investigación relativos ao estudo filolóxico, conservación de fontes lingüísticas, literarias e antropolóxicas que incidan en todos os ámbitos da comunidade galega, especialmente na familia de humanidades. Todos os proxectos que se realicen ao abeiro deste acordo deberán realizarse en lingua galega.
Con este convenio, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, continúa co seu compromiso de promoción da lingua e cultura galega a través da investigación en diferentes eidos contribuíndo á recuperación da lingua galega.






Pode subscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds